O venres pasado, o 2º ciclo de Educ. Infantil saíu, ó completo, a visitar un ano máis o "Salón do libro" en Pontevedra!
Nesta excursión, aproveitamos para merendar nos exteriores do Auditorio de Pontevedra, para a continuación presenciar o espectáculo de danza "XOGA", da compañía Entremáns! Unha actuación que non nos deixou indiferente e que, previamente nas aulas, traballouse o que íamos ver, que nesta ocasión estaba relacionado co noso corpo (osos e articulacións).
Despois do espectáculo, visitamos o propio "Salón do Libro" onde levamos a cabo varias actividades relacionadas coa temática deste ano, "O mundo que queremos"!
Se queredes saber máis ou visitar cos vosos fillos/as o Salón, estará aberto ata o vindeiro 2 de abril no Pazo de Cultura de Pontevedra. Podedes obter máis información no seguinte enlace: www.salóndolibro.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario