Moitos de nós pensabamos que o arroz era sempre de cor amarelo ou negro. Pero a semana pasada descubrimos que o arroz, cando o mercamos no supermercado, é de cor branco e que se pode converter en arroz de moitas cores. Queredes saber como o fixemos? O que si sabedes é para o que o empregamos. Para facer as nosas maracas!!
Precisamos:
- RECIPIENTES CON AUGA (tantos coma cores teñamos).
- ARROZ (antes de mesturalo hai que poñelo a remollo para que solte o almidón).
- COLORANTE ALIMENTICIO.
1º Botamos auga e colorante nos recipientes.
2º Botamos o arroz.
3º O deixamos reposar durante unas horas.
4º O sacamos dos recipientes e o deixamos secar.
5º Unha vez seco o mesturamos. E xa o temos listo para encher as nosas maracas!
AQUÍ ESTÁN! LISTAS PARA DISFRUTAR O ENTROIDO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario