No ciclo
de educación infantil do CEIP Plurilíngüe de Tirán levamos a cabo, durante todos
os cursos escolares, o préstamo de libros.
Cada
semana, os nenos/as levan un libro para a súa casa. A idea é que vós (as
familias) lles leades (e él/ela tamén o poida ler e disfrutar). Normalmente da
casa traen feito un debuxo relacionado coa temática do conto.
A
finalidade principal desta actividade é espertar nos nenos/as o gusto pola
lectura ademáis de servirnos de axuda para traballar a lectoescritura. Merece a
pena “invertir” este tempo de lecer
porque os efectos serán moi positivos!
Que dicir
ten que os contos son unha das bases para o desenvolvemento intelectual,
emocional e social do cativo/a, pero, ademais, esta actividade encerra unha
morea de vantaxes, como son:
n Fomentar
a lectura e a paixón por ela, ata converterse finalmente nun hábito.
n Estimular
a súa linguaxe, engadindo novas palabras ao seu vocabulario, ampliando a súa
capacidade de percepción e comprensión, a súa expresión oral, etc.
n Estimular
e fortalecer a súa imaxinación.
n Axuda ós
nenos/as a vencer os seus medos.
n Exercitan
a súa memoria.
n Familiarizanse
cos textos.
n Mellora a
comunicación.
n Crea
fortes lazos de afecto entre quen lee e quen escoita, compartindo ese momento.
Enriquece a relación adulto-neno/a.
n […]
Ningún comentario:
Publicar un comentario