Queremos propoñervos un plan para esta fin de semana.
Una ano mais, e xa van 15, as rúas, prazas e xardíns de Redondela, serán o escenario de artistas, músicos e titiriteiros de todo o mundo.
Preme na imaxe para visitar a páxina do festival con toda a información |
O XV FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES contará con compañías de Rusia, Portugal, Ecuador, Francia, Chile ou Italia, e Cataluña, Madrid e Galicia (entre outras).
Preme na imaxe para ver a programación do festival |
Non perdades a oportunidade de desfrutar cos vosos pequechos dunha Redondela chea de marionetas de fios, títeres tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, teatro de rúa e un feixe de sorpresas.
Como cada ano estará montado o Mercadiño Titiriteiro e ademais este ano publican o cd “SON TITIRITEIRO”, cunha edición limitada do que haberá un concerto o sábado.
Como cada ano estará montado o Mercadiño Titiriteiro e ademais este ano publican o cd “SON TITIRITEIRO”, cunha edición limitada do que haberá un concerto o sábado.
Que saibades que prácticamente todos os espectáculos, obradoiros, xogos... son de balde, so se pagan os espectáculos de sala.
Alí estaremos desfrutando do ambiente titiriteiro....
....vémonos en Redondela????
Ningún comentario:
Publicar un comentario