Parece que a primavera se quería resistir a chegar... pero chegou regalándonos días soleados, flores... que gustiño daba estar no patio... aínda que agora nos tocan outra vez días de chuvia y frío!!
Estivemos decorando as nosas ventás, traballamos moito para deixalas moi bonitas e que todos os que pasades por alí tamén disfrutedes vendo o resultado do noso traballo.
Pintamos un xardín cheo de preciosas flores....
E fixemos bolboretas, abellas, xoaniñas... moitos bichiños de mil cores...
Decorámolos polas dúas caras para que vos tamén os poidades velos... dende dentro vese moi bonito... que vos parece dende fora??
A ver si con esta decoración tan colorida e alegre a primavera decide voltar para non marchar!! ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario