Asi que os nenos/as da aula de 5 anos, en colaboración coas súas familias, aportaron (e aportarán) todo tipo de materiais relacionados co noso proxecto, algúns elaborados na súa casa. Despois explicarannos na aula dito material, enchendo o noso recuncho do Universo!
E hoxe luns foi o turno de NOÉ e de MIKEL! Grazas polas vosas aportacións e por toda a información que aportástedes ó grupo!
NOÉ falándonos dos planetas
MIKEL mostrándonos un meteorito e un cohete
Ningún comentario:
Publicar un comentario