sábado, 19 de novembro de 2016

PROTAGONISTA FÁTIMA

Esta semana Fátima ocupou o trono do protagonista da semana. Contounos moitísimas cousas da súa familia, cal era o seu conto favorito, ensinounos un traxe de princesa moi bonito que lle encanta poñer para patinar, contounos a donde viaxou, cales son os seus xoguetes favoritos... E falounos da súa irmá maior Claudia.

Recibimos a visita da súa mamá e do seu papi. Alicia, a mamá contounos o conto favorito de Fátima: Os tres porquiños.
 E o seu papá, Juan Carlos, preparou un cóctel con tres zumes diferentes: laranxa, melocotón e un ingrediente secreto.... granadina!!!!

 Que riquísimo estaba! Moitos repetimos varias veces. Estaba boísimo!!!!!

Moitísimas grazas papis!!! Encantadísimos pola vista!!! E moitas grazas tamén polos libros súper chulos da balea e o T-Rex e as dúas marionetas, a partir de hoxe as poderemos disfrutar tódolos días!
Moitas felicidades Fátima por gañar a medalla do protagonista! Ben merecida a tes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario