mércores, 16 de novembro de 2016

SORPRESAS NO EDIFICIO DE INFANTIL

Este luns atopámonos con dúas fantásticas sorpresas no edificio de infantil!
Apareceron instaladas dúas "pizarras máxicas" (PDI: Pizarra Dixital Interactiva).
Despois establecemos as normas de comportamento (actitudes de respecto e coidado do material,...), e de funcionamento para traballar con ela (respetar os turnos, usar unha única man, sentarse na cortiza detrás dunha marca para ver e deixar ver ó resto dos compañeiros/as...).
E ó longo da xornada escolar comezamos a xogar e aprender coa nosa pizarra máxica!!
Aquí podedes ver algúns exemplos da nosa actividade:









Ningún comentario:

Publicar un comentario