martes, 15 de novembro de 2016

PROTAGONISTA BREO

A semana pasada, por primeira vez, un rei ocupou o trono do protagonista. Breo falounos da súa familia e trouxó ó cole un montón de animais, contounos moitísimas cousas de cada un. Descubrimos que na clase temos a un verdadeiro experto na materia! Coñecimos tamén a súa mascota Cuba e a súa prima Claudia.

 E xogamos coas súas pistas de Hot Wheels! Que ben o pasamos!
A súa mamá María viu ó cole a contarnos dous contos moi divertidos. Unha versión moi diferente dos tres porquiños  e a historia duns animaliños que lles gustaba moito meter o dedo na nariz: Co dedo no nariz.
Ademais no agasallou con espadas, flores e abellas feitas con globos, aínda que a maioría non chegaron a casa porque estouparon, pero o pasamos xenial cada vez que reventaba un globo!!

Moitas grazas María foi un placer recibir a túa visita!

Chulísima a silueta de Breo!
Moitas felicidades campión!! Xa tes a túa medalla!

Ningún comentario:

Publicar un comentario