O pasado xoves os Pequechos de 3 e 4 anos fixemos un obradoiro de cociña terrorífica...COCIÑAMOS MOMIAS!!!
Para cociñalas precisamos os seguintes ingredientes:
- Corpo da momia (rebanada de pan de molde cortada pola metade)
- Sangue de momia (salsa de tomate)
- Vendas (lonchas de queixo cortadas en tiras)
- Ollos de momias (aceitunas sen óso)
O primeiro paso para a elaboración das nosas momias foi botarlle a salsa de tomate ó pan.
Despois puxemos as lonchas de queixo e as aceitunas, así de ben quedaron..
Listas para meter no forno...
E por último o que máis nos gustou....COMELAS!! ÑAN ÑAN!! QUE MOMIAS MÁIS RICAS!!!
QUEN SE ATREVE A FACELAS?
Ningún comentario:
Publicar un comentario