Esta semana parece que por fin chegou o outono e os Pequechos de 4 anos levamos varios días traballando para darlle a benvida.
Repasamo as figuras xeométricas (círculo e rectángulo) decorando unha árbore de outono. Pegamos papeliños marróns no tronco, pintamos as follas coas cores propias do outono cos dedos e coas ceras blandiñas que tanto nos gustan, pintamos a herba. Así de bonitos quedaron!
Traballamos a lectoesctritura a partir da palabra OUTONO.
Recollimos follas secas no patio do cole e levamos a cabo unha técnica de estampado.
Aquí tendes a canción do outono do curso pasado con pictogramas, quen a recorda?
Seguiremos traballando un pouquiño máis, moi pronto veredes o bonita que está quedando a nosa clase coa decoración otoñal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario