xoves, 20 de outubro de 2016

Primeiro contacto coas TIC's

Hoxe xoves, tivemos o noso primeiro contacto coas TIC's na Aula de Informática do centro.

Despois de facer (e ensaiar) unha maravillosa fila, accedimos a este espazo ubicado no edificio de Primaria.
Alí vimos a "Pizarra Máxica" (PDI - Pizarra Dixital Interactiva), e cada un dos nenos/as debuxamos co dedo un bonito círculo de cor! Fascinounos!
Permitiu mellorar a atención, traballar as formas, coller forza nos dedos (presión-prensión), etc.
Despois iniciámonos nun xogo didáctico interactivo tamén na PDI da aula.






Mentras non nos instalan una "Pizarra Máxica" na nosa aula, e sempre que poidamos, e o tempo metereolóxico o permita, subiremos á Aula de Informática os xoves despois do recreo para seguir aprendendo (e xogando) coas TIC's e a través delas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario