sábado, 22 de outubro de 2016

PROTAGONISTA SABELA

Esta semana sentouse no trono Sabela. Trouxo ó cole un montón de xoguetes, contos e cds de cancións. Ata una radio con micrófono e un micrófono con luces! Que chulada! 
Xa sabemos que lle encanta a música, que ten unha cama elástica moi grande con rede para non caer e, incluso sabemos que un día foi una boda moi guapa e saíu coa cara pintadísma, non parecía ela! E un montón de cousas máis!
Aquí está Sabela preparada para repasar a súa silueta. O facemos con todos os protagonistas para despois pintar e decorar.

Recibimos a visita dos seus avós, viñeron ó cole  para facer un obradoiro de cociña. Fixemos tarta de galleta e a decoramos cunhas boliñas de cores (moitos as probamos antes e despois de botalas, jiji). Que sorte tivemos! Faltou una fotiño deles!

Moitísmas grazas avós! Disfrutamos moito da vosa visita e comendo a tarta. Que rica estaba!

Parabéns Sabela, ben merecida tes esta medalla!

Ningún comentario:

Publicar un comentario