mércores, 12 de outubro de 2016

GATO GUILLE E OS MONSTROS

Os Pequechos de 4 anos comezamos esta semana co préstamo de libros da nosa biblioteca de aula. Moi pronto, gracias ás aportacións das mamás e papás, faremos o préstamo con eses libros tan chulos que cada semana descubrimos na aula.

O primeiro conto deste curso foi GATO GUILLE E OS MONSTROS. Guille é un gato que ten medo os monstros é pensa que a súa casa está chea deles. Cree que están no seu cuarto, na cociña, no baño...incluso detrás da porta. É un conto con misterio e moi bonito para traballar os medos.
Despois de ler o conto coloreamos a Guille con témpera gris (feita con branco e un pouquiño de negro, xa o sabemos) e coloreamos a súa vestimenta que pegamos ó rematar.

Tamén fixemos unha ficha de discriminación visual na que tiñamos que estar moi atentos e atentas  para buscar a palabra GATO.


Aquí está o conto, para poder velo as veces que queirades!

Ningún comentario:

Publicar un comentario