A semana pasada na clase de 4 anos apareceron unhas pegadas moi extrañas. Observamos que tiñan tres "dedos". Seguimos o camiño das pegadas e atopamos un paquete.
Manuel, o encargado do día e Sabela, a protagonista da semana, foron os encargados de abrilo. Había varios libros chulísimos sobre dinosaurios. Así que decidimos comezar a investigar.
Moitos de nós, á hora de xogar nos recantos, decidimos ler os contos e facer debuxos coas plantillas que traían. Tivemos que esperar turno!
COMEZAMOS PROXECTO!
Recordade que esperamos as vosas aportacións! Podedes tráelas durante todo o mes de novembro. Animádevos a participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario