A semana pasada os pequechos de 4 anos estrenamos unha nova actividade: O PROTAGONISTA DA SEMANA. Idare foi a primeira en sentarse no trono. Contounos un montón de cousas da súa familia, cales eran os seus xoguetes favoritos, ensinounos a súa colección de teléfonos móbiles, coñecimos a Monito e Koala, falamos do seu conto favorito (La Bella y la Bestia) e moitas cousas máis.
A súa mamá, Sara, viu o cole a pintar pedras para facer pitiños, monstros e fantasmas.
Así de bonitas quedaron.
Moitas grazas mamá, foi un placer para nós!
Idare o fixo xenial e gañou a medalla de súper protagonista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario