xoves, 27 de outubro de 2016

PROTAGONISTA NAHIR

Esta semana temos nova princesa no trono, Nahir. Contounos moitas cousas da súa familia e ensinounos a súa súpercolección de peluches e roupiña de cando era pequeña, parecía dunha boneca, como alguén dixo. Agora sabemos que a súa cor favorita é o amarelo e o seu conto: "El monstruo de colores". Pareceunos moi graciosa a foto da súa mamá, o seu papá e ela co pixama de Batman.
Esta semana tocou  bailar ó ritmo de Brinca Vai, un dos seus cds favoritos.
Hoxe recibimos a visita da súa tía Silvia. Viu ó cole para facer bolboretas, flores e animais. Cada un elexiu que quería facer. Coloreamos os debuxos, os pintamos con témpera e os decoramos con purpurina. Tamén coloreamos as pinzas para suxeitalos.


 Que bonitos quedaron!

Moitas grazas tía Silvia pola visita e por compartir con nós esta actividade!

Moitas felicidades Nahir pola medalla de protagonista!

Ningún comentario:

Publicar un comentario