luns, 31 de outubro de 2016

PREPARANDO SAMAÍN

Ainda que celebramos a festa de Samaín o venres, durante esta semana, fixemos varias actividades para conmemorar e preparar o día.
Os Pequechos de 4 e 5 anos levamos a cabo un taller de cociña no que preparamos unhas pantasmas con plátanos, chocolate blanco derretido e pepitas de chocolate negro. Sabedes que foi o que máis nos gustou? Probar e requeteprobar o chocolate líquido. Mmmmm boíiiiiiisimo!!!






Todas as nenas e nenos de Educ. Infantil fixemos unhas arañas moi simpáticas con cartón e limpia pipas, uns leváronas para casa e outros, como os Pequechos de 5 anos, empregáronas para decorar a porta da súa aula.



Os Pequechos de 4 anos, utilizando un bote de cristal e vendas, creamos unhas momias. Dentro levaban una vela e cando apagamos as luces...


Os Pequechos de 5 anos realizamos cada un unha pantasma cun anaco de tela branca e un globo, colaborando así na decoración da entrada do colexio. Os pequechos de 3 anos tamén fixeron entre todos un total de 6 pantasmas que utilizaron para a decoración da entrada no edificio de infantil, coa colaboración dunha nai que aportou unha sábana da súa casa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario