mércores, 12 de outubro de 2016

O PROTAGONISTA DA SEMANA

Esta semana os Pequechos de 4 anos empezamos unha nova actividade, O PROTAGONISTA DA SEMANA. O que se pretende con esta actividade é que os nenos e nenas desenvolvan procedementos de aprendizaxe ligados a súa vida que lles permitan acadar obxectivos da etapa infantil, tanto xerais coma das diferentes áreas: coñecemento de si mesmo e autonomía persoal, coñecemento do contorno e a área das linguaxes.
Esta actividade supón unha aprendizaxe significativa xa que os contidos parten de cada neno e nena e sobre todo, lles permite sentirse importantes. É así é como debe ser, xa que cada neno e nena é único e especial.

Recordade que a semana que o neno ou nena sexa protagonista vos esperamos no cole para facer unha actividade xuntos. Estamos desexando recibir visitas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario