Fai dúas semanas o noso trono de protagonista estivo ocupado por Samu. Contounos que viviu en Suiza, un país que non lle gustou moito porque falaban nun idioma que el non entendía pero no que había moita neve e iso lle encataba. Falounos moitísmo da súa irmá Sofía, dos seus papás, ensinounos os seus xoguetes favoritos e explicounos a súa vida en fotos cun póster precioso que lle fixo a súa mamá.
A súa mamá Eva e o seu papá Raúl viron ó cole para facer uns riquísimos cookcakes, disfrutamos moitísimo botando a crema de cacao, os lacasitos, a crema de leite condensada e os fideos de cores. Para chuparse os dedos! (literalmente falando).
Moitísimas felicidades Samu por esa medalla de protagonista!
Ningún comentario:
Publicar un comentario