Moi boas compañeiros de Carballedo!
Aquí vos deixamos un pouco máis de información sobre a nosa gastronomía. Seguro que vos entra o fame coa de cousas tan ricas que temos na nosa terra!!jejje.
Aquí vos deixamos un pouco máis de información sobre a nosa gastronomía. Seguro que vos entra o fame coa de cousas tan ricas que temos na nosa terra!!jejje.
Aínda que somos de moi bo comer e gústanos moito o
churrasco e o lacón con grelos, na nosa
gastronomía o que máis abunda é o marisco e o peixe, pois como sabedes vivimos
preto do mar. Moitas das nosas familias traballan disto por iso, coa axuda deles
puidemos facer este gran traballo onde coñecemos un montón de cousas! Veredes
que rico e divertido!
Ademais indagamos que no mundo do marisco podemos atoparnos CRUSTÁCEOS e MOLUSCOS… Sabedes cal é a diferenza? Moi sinxelo…atendede!
OS CRUSTÁCEOS caracterízanse
por ter unha cunha endurecida, con 4 antenas, fooortes mandíbulas e varias patas.
Pola contra, os MOLUSCOS
son animais de corpo moi brando e que soen ter tan só unha concha para
protexerse aínda que non todos coma é o caso do polbo.
Por outra banda coñecemos moitos peixes. Mirade a ver cales coñecedes e coma non, descubrides tamén os mariscos
infiltrados.
Tras isto pasamos a explicarvos algúns exemplos de cómo poder pescar o marisco.
- Con esta
cestiña feita con material de refugallo chea de conchas queremos
ensinarvos a recolecta de berberechos e
de ameixas os cales pódense recoller ó longo de todo o ano aínda que a
mellor época é agora, no verán, pois é no momento en que hai moitas máis.
Para
mariscar utilizan moitas ferramentas, pero o máis salientable é o anciño co que
mover a terra e poder ver estes moluscos agochados e despois os van metendo en
cestos.
E aquí vos deixamos unha batea pequeniña feita na casa. Mirade que chula!
Chegados a este punto tamén ensinarvos como poder levar estes alimentos tan ricos as nosas bocas. Abride ben os ollos pra ver estes grandes murais.
. O churrasco o facemos as brasas.
. Os chinchos os fritimos ata que quedan ben crocantiños.
E xa para rematar os deixamos unhas cantas receitas
por se vos animades, jejej.
E come non, non podíamos esquecernos das nosos sobremesas
que tamén somos moiii glotóns!
Animádevos a facer algunhas das nosas receitas nas vosas casas...veredes como vos chupades os dedos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario