Moi boas familias!
Como puidestes ver non fai moito, estivemos traballando con Picasso e o seu cadro "Dos mujeres leyendo". Ó rematar parámonos a coñecer a un gran amigo seu, tamén moi bo pintor e …GALEGO!! Sabedes como se chamaba? José Otero Abeledo máis coñecido como LAXEIRO.
Limos un conto sobre el, no que ademais de coñecer a súa vida observamos algunhas das súas obras onde comprobamos que moitos dos seus cadros asemellábanse ós de Picasso con moitas formas xeométricas! Asi que puxémonos mans a obra para demostrar unha vez máis o artista que levamos dentro e convertémonos nuns verdadeiros pintores abstractos coma Picasso e Laxeiro! Para iso fomos á aula de informática onde cada un puido facer a súa cara mirade.
Queredes xogar na casa de novo? Pois aquí vos deixamos o enlace para que xoguedes en familia na casa! Pinchade no enlace que está debaixo da foto e xa vos levará ata el.
Tras rir case toda a hora vendo as nosas creacións tan raras pero moi divertidas cada un completou o seu cadro con formas xeométricas, para o cal primeiro observamos a cantidade de formas xeométricas que temos ó noso redor para despois xa poder poñer fin as nosas obras artísticas.
Mirade que retratos máis orixinais! Preparádevos para rir!!!
Que o disfrutedes tanto coma nos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario