Hoxe rematamos de contar a historia deste proxecto que remata ao mesmo tempo que este curso.
Queredes ver todo o que fixemos ata hoxe?
Durante o proxecto aprendimos moitas cousas sobre as árbores e o papel...
Unha das cousas que aprendimos foi que dunha árbore só saen 15 paquetes de folios, así que empezamos a pensar na cantidade de árbores que había que cortar para fabricar o papel que gastaos... o importantes que son para a nosa vida... o necesarios que son os bosques...
Sentímonos moi contentos de conseguir reciclar papel, pero entre todos pensamos mais formas de poder coidar a natureza... non cousas que fagan os maiores, non, non...cousas que puidésemos facer nos, que temos 4 ou 5 anos....
Así que a profe falounos das 3R, que non so serven para o papel, tamén para o cartón, o plástico, etc...
REDUCIR: quedounos claro que precisamos papel, para moooitas cousas, pero o importante é gastar cada vez menos (por exemplo coller menos papel cando lavamos secamos as mans).
REUTILIZAR: darlle diferentes usos (por exemplo reutilizar no rcuncho de arte os papeis que saen mal na fotocopiadora, converter unha botella nunha maceta,...)
RECICLAR: converter papel vello en novo (conseguimos facelo!!)
E practicamos moitas cousas co 3 e coa R.
E para non esquecernos nunca disto, con moitas ganas de coidar a natureza, fixemos unhas macetas
E nelas cada un plantamos unha planta para coidar na casa
En cada maceta pegamos unha etiqueta que poñía 3R para que cada vez que vexamos a nosa planta, nos acordemos do importante que é non malgastar papel para que non se teñan que cortar moitas arbores.
Queredes ver que preciosas quedaron as nosas macetas?
A nosa investigación remata levando para casa todo o traballo feito no cole este trimestre. E como non podía ser de outra forma, a portada é unha portada 3R: está feita có papel que nós mesmos Reciclamos, ademais Reutilizamos tapóns e Reducimos gasto de papeis, gomets e utros materiais que solemos usar nas portadas.
Mirade que bonitas... todas son diferentes porque cada un elexiu os seus tapóns e pensou o que lle apetecía facer, a profe pegounos e logo decorámolos.
E ata aquí a nosa aventura co papel.
...contentos por aprender cousas que nos sorprenderon...
...felices por ter novas ideas para coidar a natureza...
...fascinados cada vez que atopamos un código QR...
...concienciados do importante que é non malgastar papel...
...oxalá non se nos esqueza!!
Esperamos que vos divertirades con nos, e que tamén aprenderades algo.
O próximo curso... máis e mellor!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario