Por fin, despois de tanto traballo, chegou o momento tan esperado por todos: imos facer papel!!!
Queredes saber todo o que fixemos ata chegar aqui?
O primeiro que fixemos foi triturar o papel. Como xa vos contamos, durante varias semanas tivemos un recuncho onde libremente todos cortábamos papel.
Para xuntar mais cantidade, o último día, descubrimos que o profe Isma tiña unha máquina alucinante... unha máquina que comía papel!!!
Así que coa trituradora do dire o traballo foi mais rápido... e divertido!!
O papel saia en tiras que parecían espaguetes. Despois cortamos as tiras en trociños listos para reciclar.
O seguinte paso foi meter o papel en auga, así que pouco a pouco mollamos todos os cachiños, removendo ben para ir facendo a pasta de papel.
Cando estaba todo o papel ben mollado, chegou a hora de usar a batedora... foi moi divertido!!! nunca bateramos papel....
E xa coa pasta feita, chegou o final do proceso:
1. Escorrer a pasta
2. Mesturar a pasta coa cor elixida (decidimos facer papel azul e despois mesturamos amarelo para facer outros verdes)
3. Poñer a pasta teñida nunha tina con moita auga
4. Coller pasta coa rexilla escorrendo ben a auga
5. Despois a profe dáballe a volta... coma a unha tortilla e tiñamos que escorrer ben a auga
6. A secar!
E seguimos traballando moito ao mesmo tempo que descubrimos un monton de cousas.
Queredes ver o final do noso proxecto?
Ningún comentario:
Publicar un comentario