Como cada ano puidemos desfrutar dun concerto da banda de musica de Moaña, este ano co tema dos sentimentos.
As fotos non son moi boas porque a iluminación estaba preparada para desfrutar mellor do espectáculo, pero podedes ver aos músicos, actores... e as nosas caras de pasmados pasando un bo rato coa música!
Contáronnos a historia dun extraterrestre que chega á terra e descubre os sentimentos. Unha nena íallos explicando e demostrándolle, con axuda da música, o que nos fan sentir.
Durante semanas, o profe Isma ensinounos a canción principal para que puidésemos participar no concerto.
Como a coñecíamos participábamos con eles. A canción repetíase de forma sumativa, porque cada vez que se presentaba un sentimento, engadíase á canción.
Queredes ver como comezou o concerto?
E aquí tedes algúns vídeos, que é o mellor resumo deste concerto. Os sentimentos que podedes ver nestes vídeos son: nervios, vergoña, alegría, amor e tristeza... seredes quen de adiviñalos todos?
O tempo pasou voando e chegou o final do concerto
Moitas grazas por convidarnos, de verdade que nos gustou moito
Bo traballo! estamos desexando escoitar con que nos deleitades o próximo ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario