Os Pequechos de 3 e 4 anos estivemos experimentando coa auga facendo xeo de cores.
Queredes saber como o fixemos?
Primeiro mesturamos auga con colorante alimenticio de cores, só tiñamos tres diferente: vermello, azul e amarelo pero mesturando as tres e fixemos un montón de cores: laranxa, morado, añil, marrón, verde...
Aquí podedes ver as cores que conseguimos. Unha vez listas as puxemos no conxelador.
Cando as sacamos puidemos observar como a auga, que antes estaba líquida, agora estaba sólida (moi dura como diciamos moitos e moi fría).
Cos cubitos de xeo de cores pintamos unas obras de arte moi chulas pero tivemos un problemiña, tanto pintamos que as follas de moitos de nós romperon. Pero o importante e que o pasamos xenial aínda que as nosas mans acabaron azuis, amerelas, verdes, vermellas...