Hoxe, as nenas e nenos de 4 anos, fixemos GALLETAS con forma de DINOSAURIOS (dado que estamos a traballar a PREHISTORIA).
Despois de falar na asemblea de qué necesitábamos, así como os hábitos de hixiene necesarios, fomos para o comedor do noso cole a elaborar as galletas. Seguindo as indicacións da receta, vendo cada un dos ingredientes (e falando deles), mesturando nun bol, amasando coas nosas mans, estirando a masa cun rodillo, e finalmente meténdoas no forno 8 minutos e degustando "in situ" a primeira fornada!
E qué ricas estaban! Levamos cada un de nós, 3 galletas de dinosaurios para a casa!
Como veredes a continuación, a maiores traballamos a lectoescritura e as TIC. Aquí vos deixamos varias instantáneas feitas polos nenos/as da propia aula!