Hoxe celebramos no cole o día do amor... porque todos temos moitos amigos aos que queremos un montón, familiares que nos comeríamos a bicos, compañeiros que botamos moito de menos a fin de semana... por iso decidimos encher este día de corazóns.
Subimos a cociña do cole para facer un obradoiro do mais doce, amoroso... e deliciosooooo!
Nos corazóns, que xa preparáramos na clase coas profes, picamos unhas ricas nubes....
...e como podedes ver, mollamos os corazóns en chocolate (que antes derretéramos) e despois en virutas de cores...
...deixamos estas delicias enfriando para logo saborealas xuntos...
Seguro que estades desexando comer unha!!
Cando o chocolate endureceu lanzámonos a degustar o resultado do noso traballo... só podemos dicir: ñam, ñam, ñam!!
Tamén fixemos uns divertidos e animados corazóns para levar para casa.
FELIZ DÍA DO AMOR A TODOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario