A semana pasada os Pequechos de Tirán xogamos a crear pintura. Queredes saber como o fixemos?
MATERIAIS que precisamos:
- Fariña
- Sal fina
- Botes de plástico (tipo Kéchup)
- Colorante
- Auga
COMO o facemos?
1º Nun bol mesturamos a fariña co sal, igual número de culleradas de cada.
2º Despois repartimos a mestura en botes (tantos coma cores queiramos).
3º Engadimos colorante e auga.
Unha vez temos a pintura preparada facemos o debuxo dunha cartolina ou nun cartón (nos utilizamos cartón pluma).
Unha vez rematado o debuxo 20 segundos de microondas e listo!
Esta vez foi un experimento especial porque foi para regalar a alguén moi importante...
AS NOSAS FAMILIAS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario