Os
pequechos de 4 anos fixemos PLASTILINA!!!
Comezamos a nosa andadura pola experimentación con diferentes masas sensoriais. A manipulación deste tipo de masas permite aos nenos e nenas mellorar a integración táctil e contribúe ó desenvolvemento da psicomotricidade fina e a percepción espacial. Manipulalas, olelas, e xogar con elas e coas súas texturas, son sensacións que os poñen en contacto con todo o que os rodea, educando deste xeito os seus sentidos. Pero o mellor de todo é.... que pringarse é súper divertido!!!
Así que todos os mércores serán o día da experimentación coas masas sensoriais, polo que debedes volver a traer os envases de plástico que vos pedín a semana pasada.
A primeira masa que fixemos foi PLASTILINA. Unha masa doada de facer con ingredientes que seguramente teñades na casa se a queredes repetir.
NECESITAMOS:
-Crema suavizante do pelo
-Fariña de millo
-Colorante alimentario
PROCEDEMENTO:
1º Mezclamos a mesma cantidade de crema e de fariña. Na clase empregamos vasos de plástico para medir. Mezclamos sete vasos de crema e sete vasos de fariña (aínda que despois tivemos que engadirlle máis fariña).
2º Removemos ben a mezcla. Non pode quedar nin demasiado pringosa (necesita máis fariña) nin demasiado seca (necesita máis suavizante).
3º Amasamos.
4º Engadimos o colorante e seguimos amasando. Recordade que hai que gardala nun recipiente hermético para que non se seque.
Foi moi divertido. A ver que se nos ocurre para a próxima semana!!!