O pasado 7 de abril celebrouse o Día Mundial da Saúde. Os Pequechos de Tirán o celebramos esa semana coa visita dos nosos papás e mamás enfermeiros. Explicáronnos que fan nos seus traballos e que era iso de ter saúde. A definición da OMS é un pouco complicada de entender pero coas diapositivas que nos puxeron entendímolo moi ben. Ter saúde é poder disfrutar, xogar, correr, cantar, bailar... Tamén nos explicaron que facer ante as emerxencias e sobre todo, que facer para evitalas.
Ademáis fixemos varios talleres nos que manipulamos diferente material sanitario. Mirade que ben o pasamos e cantas cousas aprendemos!
-Con Fani e Antonio empregamos xiringas e un otoscopio para os oídos.
-Con Diana vimos e escoitamos o ritmo do noso corazón nun monitor.
-Con Susi aprendemos a facer unha vendaxe.
-E con Paula manipulamos un fonendoscopio e escoitamos o latido do corazón dos nosos compañeiros e compañeiras.
Moitas grazas por esta visita tan especial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario