Os Pequechos de 5 anos estamos traballando as magnitudes. Comezamos co peso. O primeiro que fixemos foi pesarnos e anotar o noso peso. Despois, por equipos, os ordenamos de maior a menor.
Despois ordenamos os pesos de todos os nenos e nenas da clase. Seguidamente fixemos as gráficas.
Gústanos moito observar a gráfica, buscarnos e comparar a altura da nosa barra coa dos compañeiros e compañeiras, saber quen pesa máis e quen pesa menos...
E para rematar fixemos uns imán co noso peso. Así de chulos quedaron...
Ningún comentario:
Publicar un comentario