mércores, 27 de maio de 2015

VISITA DA AVOA DE ESTELA E SARA (Semana dos avós)

Hoxe, a primeira hora da mañá, recibimos outra entrañable visita. Esta vez os pequechos de 3 e 5 anos compartimos á avoa de Sara e Estela. Cantounos dúas cancións moi bonitas que ela cantaba cando xogaba no recreo coas súas compañeiras (Ambo Ato e A la una monta la luna).
Tróunoxos uns teléfonos que usaba para xogar cando pequena feitos de latas. Sorprendímonos moitísimo o comprobar que podiamos falar e escoitar por eles! Tamén nos contou o conto de Pulgarcito.






O pasamos xenial!!!!!
Moitas grazas por contarnos tantas cousas e xogar connosco, ben merecido tes o diploma de avoa valente!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario