Hoxe a mamá de DIEGO veunos ler un conto moi fermoso á nosa aula.
Titúlase "ORQ". Unha historia moi bonita sobre a amizade entre un neno cavernícola e un pequeno mamut, que a medida que éste crece, crecen os problemas pero á súa vez crece tamén esa amizade.
E despois da reflexión posterior do conto, fixemos unha actividade grupal, na que os papás de DIEGO repartiron pezas numeradas do que, a posteriori, sería un gran puzle sobre ORQ e o seu mamut WOMA.
Grazas unha vez máis ás nosas nais e pais da aula pola vosa colaboración!
Maravilloso!!! <3
ResponderEliminar