O pasado venres, DIEGO trouxo a nosa aula ferramentas e utensilios que se utilizaban na PREHISTORIA.
Explicounos detalladamente cada un deses elementos, de qué se compoñía e cal era a súa finalidade dentro da tribu.
Dentro das ferramentas mostrounos lanzas e hachas cos que cazaban ós animais e cos que traballaban as peles respectivamente. Dentro dos utensilios, ensinounos cuncas e pratos que se utilizaban para comer, feitos de barro.
Grazas DIEGO pola exposición e por aportar tanto novo material ó noso recuncho da PREHISTORIA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario