MARA sorprendeunos desta vez coa achega á aula de 4 anos de dúas bonecas vestidas como na época da PREHISTORIA, con peles de animais que previamente cazaron. Falamos polo tanto da importancia destas peles naqueles tempos.
E non deixou de sorprendernos cando, de súpeto, sacou da bolsa unha vestimenta desa época para podela utilizar os nenos/as nos momentos adicados ós recunchos.
Moitas grazas a MARA por estas novas aportacións ó noso recanto da PREHISTORIA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario